Esquerda Unida laiase que o PP quite peito da baixada do desemprego en 71 personas o pasado mes de abril, dado que eses empregos temporais son estacionais pola da semana santa ( hhttp://www.atlantico.net/noticia/196699/empleo/permite/bajar/personas/abril/).
Cando estamos a punto de cumprir o primeiro ano de goberno municipal do PP, o desemprego segue a ser unha asignatura de este goberno de ni unha soa mala palabra, ni un so bo feito, e inda por riba de non crear emprego empeoran as condicións laborais dos empregados municipais o eliminar a partida para riscos laborais dos recen aprobados orzamentos municipais (subprogama 2211 A “Outras prestacións económicas a favor dos empregados”).
Dende Esquerda unida temos claro que o emprego a de ser a primeira priorida na situación de crise actual, por coa a creación de emprego o estado aforra en prestacións que pode reenvertir en sanidade , educación, etc..Ademais de reactivar a económia e asegurar as futuras pensions. Por todo isto propoñemos o seguinte plan de emprego:
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Entendemos que é necesario un modelo de desenvolvemento no que poñamos ás persoas no centro da economía. O novo modelo que propomos ten un carácter eminentemente social e ou obxectivo é equilibrar os conceptos de mercado e Estado, situando a determinación económica no interese xeral, a creación de emprego estable e de calidade e o desenvolvemento sustentable desde os puntos de vista humano, social e ambiental.
Recuperar aqueles sectores económicos en risco de desaparecer ou que se extinguiron como actividade produtiva. En moitos casos constitúen unha aposta económica viable, dando prioridade aos sectores primarios e manufactureros. Facilitando a instalación de empresas de transformación dos produtos autóctonos sustentables, contribuíndo á súa revalorización mediante cláusulas de bon e/ ou axudas directas. Mais dun 70% do territorio de Redondela esta no rural e sen envargo non se esta a traballar a agricultura ecolóxica, o cooperativismo ou os recursos forestais.
Potenciar os Recursos Endóxenos sobre a base dun Plan estratéxico local participativo.
Fomentar o pequeno comercio local como forma de manter a cohesión social . Ampliar a rede de mercados ás zonas rurais sería unha vía importante de desenvolvemento agrícola.
Potenciar o modelo dos mercados de productores fronte ao actual modelo de mercado de intermediarios. Promocionar a producción e consumo de produtos naturais ecolóxicos e a agricultura ecolóxica e de proximidade. Fomentar o desenvolvemento da agricultura ecolóxica como saída para o sector investindo en formación, recuperación de variedades, canles curtas de comercialización e todo tipo de acción que faciliten a explotación sustentable da nosa terra.
Promover, fomentar e apoiar iniciativas para o uso das novas enerxías.
Actividades de promoción do comercio xusto, entendendo por tal aquel que comercializa con respecto das condicións dos traballadores, do medio ambiente e da igualdade de xénero. Neste sentido, os produtos que se consuman ou vendan nas dependencias municipais seleccionaranse dando preferencia aos elaborados con criterios de comercio xusto.
Incluír a cláusula social nas licitacións das Administracións públicas, priorizando ás pequenas empresas e autónomos locais, nunha firme aposta polo mantemento e a creación de emprego.
POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO
Facilitar o acceso ao emprego e á xeración de riqueza a través das seguintes medidas:
Incidir prioritariamente na inserción laboral.
Desenvolvemento das Escolas-Taller e das Casas de Oficios como instrumentos de inserción xuvenil, mellora da cualificación profesional e apoio á consecución de patrimonio público.
Crear “bolsas de emprego local” con cláusulas sociais sensibles ás especiais dificultades e necesidades de determinados colectivos, facendo especial fincapé nas medidas destinadas ás persoas que máis o necesitan.
Impulsar o desenvolvemento local, a procura e a promoción dos novos xacementos de emprego.
Favorecer iniciativas de desenvolvemento local integral para o sector primario de maneira que se coordinen agricultura, gandaría, industria e comercio para o desenvolvemento da produción ecolóxica
Promover o emprego na nosa contorna rural para as mulleres combatendo a exclusión social e tendendo á erradicación da economía mergullada, propiciando que o traballo que realizan moitas mulleres nestas infracondiciones chegue a converterse nunha auténtica opción de ocupabilidad e que se reúnan as condicións dignas nos centros de traballo.
Suscitar a formación ocupacional agraria para os sectores de parados, mulleres, novas e inmigrantes no ámbito rural.
Crear un fondo de investimento local para o emprego, incluíndo un informe de impacto de xénero que garanta o emprego ás mulleres.
Creación de emprego local apoiando o autoemprego, fomentando as actividades laborais no marco da economía social e potenciando os viveiros de empresas promovendo o emprego público destinado a labores ambientais: restauración, conservación, mantemento e mellora de espazos rurais e naturais, en colaboración con outras administracións: dominios públicos marítimo-terrestre, e hidráulico e as súas zonas de servidume de protección, vías pecuarias, vías verdes, superficies forestais, zonas húmidas, terreos improductivos abandonados, etc.
Un programa de empregos verdes que comprende reforestación, explotación e mantemento de superficies forestais.
Un Programa de rehabilitación sostible de vivendas residenciais.
Un Plan de Empregos Sociais, para asegurar o pleno desenvolvemento da Lei de Dependencia e mellorar saúde, educación (especialmente de 0 a 3 anos) e determinados servizos da Administración.
Un plan de inversions en infraestructuras de proximidade.
PROPOSTAS PARA APOIAR AS PEQUENAS EMPRESAS E OS TRABALLADORES AUTÓNOMOS E IMPULSAR A ECONOMÍA REAL.
Inclusión de cláusulas sociais nos contratos e licitacións das Administracións Públicas priorizando pequenas empresas e autónomos coa finalidade de manter o emprego, mellorar a súa calidade e lograr unha xestión ambiental sostible. Estender esas cláusulas ás subcontratacións.
. Propoñemos reservar, polo menos, o 30% das licitacións cuxo importe en gastos de persoal supere o 50% do valor total do contrato a empresas con menos de 20 traballadores.. Introducir cláusulas para todas as licitacións que valoren a cantidade e o nivel de cualificación da man de obra adscrita ao contrato, o mantemento do emprego e o cumprimento das obrigas establecidas nos convenios colectivos.
Transposición inmediata da Directiva do Parlamento Europeo 2011/7/UE para reducir os prazos de pagamento da Administración e as empresas privadas aos seus provedores a 30días.
Esixir ás entidades financeiras avaladas polo Goberno un Programa de crédito á pequena empresa e autónomos equivalente en volume de recursos ás cantidades avaladas e destinado ao investimento produtivo.
Establecer un Convenio entre o ICO e as Caixas de Aforro ( Basicamente caixa rural galega) para facilitar crédito ás empresas avaladas polas Sociedades de Garantías Recíprocas, en condicións de interese preferentes.
Atrasar a obrigatoriedade do ingreso do IVE ata que a factura fose total ou parcialmente cobrada.
Arquivado en: Noticias | Deixar un comentario »