
Filed under: Noticias | Leave a comment »
A empresa “Os Ventos”, adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar, do Concello de Redondela, está levando este servizo esencial para moitos redondeláns, á desesperación. Deixando día tras día aos nosos maiores sen servizo e ás traballadoras sen dereitos.
Ante este atropelo, a Xunta de Galicia, o Concello de Redondela e a adxificataria, miran para outro lado, sen importarlles a calidade do servizo prestado nin a situación laboral das traballadoras.
O pobo de Redondela, non pode quedar calado, por respeto non só ás persoas traballadoras que prestan o servizo, como o seu merecido coidado e agarimo aos nosos maiores.
BASTA XA! POR UN TRABALLO E UN SERVIZO DIGNO!!
Manifestación, o martes, 24 de xaneiro, ás 19:00 horas, dende o Centro de Saude de Redondela, ata a Casa do Concello de Redondela. Agardamos o teu apoio e asistencia!!
Filed under: Noticias | Leave a comment »
Na última década o Partido Popular deseñou a través da Xunta de Galicia un escenario lexislativo feito á medida das empresas eólicas, e especificamente orientado a impedir a oposición social a estes proxectos, desencadeando a planificación de centos de polígonos industriais -moitos deles a través de partición fraudulenta- sobre comunidades rurais que albergan recursos naturais e ambientais esenciais na loita contra o quecemento global, e intensificando a presión sobre aldeas e vilas enrisco de despoboamento.
A reducción de tempos de exposición pública, o aceleramento da tramitación e a interposición de trabas á participación social forma parte tamén das recentes políticas enerxéticas expresadas polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) a través das súas competencias no Goberno a nivel estatal; así como da Unión Europea.
En Galicia, menos de dez empresas -Green Capital Power, Naturgy, Gas Natural Fenosa, Iberdrola, Enel Green Power e Greenalia, que conta ca anterior conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia do Partido Popular (PPdG), Beatriz Mato, como conselleira executiva-, acaparan a inmensa maioría de polígonos industriais en tramitación.
Estas corporacións teñen a complicidade de formacións políticas para acaparar fondos públicos europeos Next Generation, enriquecéndose, ao tempo que impiden que este orzamento público sexa investido no deseño de comunidades enerxéticas equilibradas, ao servizo das necesidades da poboación e non a expensas dos intereses especulativos do perverso mercado enerxético.
Para pór fin tanto á malversación de fondos públicos como á aprobación de normativas que fomentan a depredación e o colonialismo, así como para transitar cara un modelo de produción de enerxía ao servizo da vida e non do capital, é precisa, entre outras estratexias, a presión social directa sobre as persoas que elaboran e votan as leis, facendo fronte á influencia do lobby das industrias renovábeis nas actuais políticas de desenvolvemento a escala galega, estatal e europea.
Ao longo de todo o planeta, os abusos das empresas enerxéticas son maiores nos territorios onde a conivencia dos partidos políticos proporciona unha lexislación que torna legal estes ataques: na Galiza estamos fronte a unha estratexia de LEGALIZACIÓN DA DEPREDACIÓN DA NOSA TERRA E DO NOSO MAR.
Baixo o lema “O POBO GALEGO UNIDO CONTRA A DEPREDACIÓN ENERXÉTICA”, o domingo 22 de Xaneiro, ás 12h, colectivos, organizacións e movementos sociais de Vigo e comarca convocamos unha mobilización nacional para esixir ás formacións políticas e institucións accións inmediatas e concretas para frear a invasión eólica e avanzar cara un cambio radical do modelo enerxético, centrado no coidado da Vida e ao marxe das lóxicas de mercado, no camiño da soberanía enerxética para o pobo galego, e para todos os pobos.
Filed under: Noticias | Leave a comment »