Esquerda unida apoia as lexitimas reivindicacións do persoal de xustiza de Galicia.

No ano 2013 a dirección xeral de xustiza de Galicia amortizou mais de 100 postos de traballo en Galicia. Isto provocou que tanto os xulgados, como os seus traballadores tivesen que recorrer a prolongación de xornada. Por que moitos xulgados quedaran o borde do colapso administrativo. Entre eles varias salas de Redondela.

Durante este cinco anos foi aumentando considerablemente a carga de traballo. O mesmo tempo que seguiu aumentando a fenda nas condicións económicas e laborías das traballadoras, co resto das compañeiras no resto do Estado. Galicia e por exemplo, a comunidade que ten o complemento autonómico mais baixo.

O persoal de xustiza de Galicia tampouco se lle aplica o concepto igual traballo igual salario. Xa que cando unha traballadora realiza traballos dun corpo superior, non se lle aboa o salario correspondente, como si se fai no resto de comunidades autónomas.

Ademais as traballadoras de xustiza sofren un discriminación nas baixas laborais. Mentres que a un xuíz/a ou a unha secretaria/o. Non se lle aplica descontos na baixas por enfermidade común. As traballadoras si se aplican estes descontos salariais.

Por todo elo desde EU apoiamos as reivindicacións do persoal de xustiza.

1º- Consolidación de prazas de reforzos estruturais.

2º- Volta a tras do plan de amortización do ano 2013

3º- Abono do 100% das substitucións

4º- Rematar coa discriminación no abono das baixas laborais.

5º- Equiparación salarial co resto de comunidades autónomas.

Deixar un comentario