ESQUERDA UNIDA SÚMASE E FAI UN CHAMAMENTO A PARTICIPACION NAS MOBILIZACIÓNS FEMINISTAS DESTE MÉRCORES 16 DE MAIO CONTRA O INTOLERABLE INCUMPRIMENTO NOS ORZAMENTOS DO ESTADO 2018 DO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista que terán lugar nas cidades e vilas galegas este mércores 16 de maio, baixo o lema “Compromiso = Orzamento; A loita segue; Vémonos nas rúas; Nin unha menos!” coa fin de esixir que os Orzamentos do Estado para 2018 cumpran os 200 millóns de euros anuais prometidos no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, orzamento  xa de por sí insuficiente para abordar as 213 medidas do Pacto, e que o goberno do PP  non ten vergoña nin escrúpulos en reducilo a 80 millóns, asignando só o 40% do orzamento prometido.

Dende Esquerda Unida lembramos que é fundamental seguir a loita na rúa por termos unhas leis que erradiquen as violencias machistas, así como incrementar os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de accións para levar a cabo Políticas de Estado feministas. Por todo isto, chamamos a encher as rúas para esixir ao goberno políticas xustas, con suficiencia orzamentaria  para facelas realidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: