A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO E O COLECTIVO REPUBLICANO DE REDONDELA que levan décadas na loita pola República e que por circunstancias derivadas da pandemia provocada pola COVID-19 non puido este ano convocar a manifestación do 14 de abril nin tampouco ningún acto público de carácter republicano, non pode permanecer impasible diante dos constantes escándalos de corrupción que día tras día veñen salpicando á figura do Rei Emérito e, xa que logo, á institución monárquica no seu conxunto.

O 6 de decembro é a data na que se aprobou a Constitución de 1978, unha Constitución que serviu de punto de partida para unha chamada transición que cada día que pasa amosa as súas feblezas e que aparece como un instrumento inservible que é necesario superar para encetar un novo período constituínte que lle abra as portas a un réxime republicano. Esa constitución de 1978, redactada baixo a sombra do ditador, establece no seu artigo 1.3 que a forma política do Estado español é a Monarquía parlamentaria (só faltaba que fora unha Monarquía absoluta), que a xefatura do estado é hereditaria (artigo, 57.1)  e que a figura do Rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade (art, 56.3)

 

Todos estes artigos contradín manifestamente os máis elementais principios democráticos e ignoran, por completo, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que no seu artigo 1º afirma que “todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos”.

Por isto, para superar unha Constitución que é de raíz absolutamente antidemocrática e para denunciar a corrupción e as constantes prácticas delituosas da Familia Real, convocámoste a participar na CONCENTRACIÓN, que organizada pola Asemblea Republicana de Vigo, terá lugar o domingo 6 de decembro diante do Mercado do Calvario (Vigo).

POLA REPÚBLICA!

CONTRA A MONARQUIA!

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: