¿Qué intereses están detrás de las políticas sanitarias?

ESQUERDA UNIDA APOIA AS CONCENTRACIÓNS DE SOS SANIDADE PÚBLICA CONVOCADAS PARA ESTE MÉRCORES 21 DE ABRIL

Esquerda Unida anuncia a súa participación nas diferentes concentracións convocadas nas principais cidades e vilas galegas ás 20h do vindeiro mércores día 21 por SOS Sanidade Pública.

A Pandemia da COVID-19 viu a estresar aínda máis a un sistema sanitario público que acumulaba enormes carencias logo de doce anos de recortes de persoal e medios.

As listas de agarda foron incrementándose en atención hospitalaria debido ás paralizacións de probas e quirófanos motivadas polas sucesivas ondas da Pandemia. Sen embargo, nos meses de mellora nada se está a facer para facer fronte ao crecemento da agarda nas diferentes especialidades, obviando que a urxencia da COVID non significou que o resto de enfermidades agudas e crónicas de distintas gravidades desaparecesen.

Pero a peor parada logo dun ano de Pandemia é a atención primaria. A Xunta de Galicia aproveitou a situación sanitaria para implantar a teleasistencia indiscriminadamente, algo que está afectando gravemente á calidade da atención e dificultando ás persoas maiores ou con diversidade funcional acceder por vía telemática ás consultas.

Esquerda Unida defende que, salvo en casos específicos que poida valorar o profesional, as consultas por defecto deberan ser presenciais para poder ser escoitadas, observadas e exploradas en persoa.

Por outra parte, os orzamentos para este 2021 continúan a ser escasos e non permitirán recuperar a perda de persoal de máis dunha década, obviando así a Xunta as recomendacións das administracións europeas de investimento dos fondos COVID chegados da UE en materia de servizos públicos.

A %d blogueros les gusta esto: