Oscar Benavides Vila, coordinador do GRUPO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA ven de presentar por rexistro no Concello de Redondela unha moción contra o levantamento das vías do tren da estación de Chapela.
A madrugada do pasado día 9 de marzo os operarios de ADIF levantaron as vías do tren da estación de chapela, incumprindo tanto ADIF como o Ministerio de Fomento, o acordo do parlamento Español que data do ano 2008, acordo que lembramos apoiaron os tres grupos maioritarios de este concello.
Dende o goberno municipal estase a confundir a cidadanía, dicindo que as vías de chapela son prescindibles utilizando como medida forza, para apostar por esta solución, a idea de crear unha senda verde.
Esquerda Unida somete ao pleno do concello de Redondela os seguintes acordos:
- Paralizar a construción de “esta senda verde” por ser imprescindibles por motivos técnicos as vías de chapela.
- Esixir o Ministerio de Fomento que cumpra o acordo do Congreso dos Deputados do ano 2008 e non desmantele nin unha vía mais.
- Esixir a Xunta de Galicia que comecen os tramites para a licitación, adxudicación e construcción do cercanías Vigo-Redondela- Pontevedra.
- Crear xunto coas organizacións sociais deste Concello un plan de mobilidade sostible que aposte, entre outras medidas, por un transporte público intermodal.
Filed under: Mocións,Noticias | Tagged: Óscar Benavides,Chapela,Medio ambiente,Redondela,Transporte público,Tren,Vigo | Leave a comment »