https://www.ivoox.com/player_ej_71044256_4_1.html?c1=ff6600’></iframe&gt;

EU e PCG APOIAN AS MOBILIZACIONS, CONTRA O DESMANTELAMENTO DE CORREOS

Desde o ano 20016 EU-PCG vimos denunciando o desmantelamento programado do modelo postal público. Por iso apoiamos a lexitimas reinvidicacións  das centrais sindicais.

NON ACEPTAMOS

As políticas da dirección de correos, co seu presidente Juan Manuel Serrano á cabeza, de desmantelamento do modelo postal público.
O enfraquecemento de Correos, a maior empresa pública do país con 300 anos de historia. O cambio do modelo postal público cara a outro puramente “loxístico”, onde o postal e público non ten cabida
A creación das condicións para a súa futura privatización.

NON ACEPTAMOS

O transvasamento da “ gobernanza” da xestión e da actividade da matriz (Correos) á filial (Correos Express).
A externalización de servizos (con pago de millóns de € a consultoras).
A desamortización inmobiliaria a través da cesión “política” ou venda do patrimonio histórico (88 edificios este ano).
A redución da rede postal, suprimindo rurais, pechando centros e oficinas.
O recorte de emprego (ata 3.000 efectivos menos/ano, supresión de postos estruturais, redución de contratación de reforzo).
A precarización do emprego (35% de temporalidade e 25% de emprego a tempo parcial en xeral, e un 75% na rede de oficinas).
A quebra económica intencionada de Correos (perdas previstas de ata 634 millóns de euros en 2023) para danar a súa marca reputacional.
O tijeretazo ao financiamento público do Servizo Postal Universal: 110 millóns menos nos PGE-2021 e case 100 millóns menos no futuro Plan de Prestación do SPU.

E ESIXIMOS

Que a dirección de correos pare a súa axenda de desmantelamento do modelo postal público.

NON ACEPTAMOS

A incomprensible e estraña actitude pasiva do Goberno #ante o despezamento do operador público.

E ESIXIMOS

Que lle Goberno da nación implíquese na definición do modelo postal para que Correos como prestador dun servizo público esencial, poida afrontar o futuro con eficacia social e eficiencia económica.
Que o Goberno resitúe ao correo público como eixo fundamental no proxecto de recuperación, transformación e modernización do país asignando a Correos unha parte dos fondos europeos para a recuperación e dos fondos destinados ao fortalecemento de empresas estratéxicas.
Que se desactive o modelo de despezamento de Juan Manuel Serrano e adóptese un modelo de servizo postal público moderno, innovador, eficaz, eficiente e útil á sociedade (CCOO e UXT apostamos polo modelo postal francés) garante da vertebración e cohesión social e territorial así como soporte inestimable para o desenvolvemento económico e social da España baleirada.

FRONTE Ao seu MODELO DE DESPEZAMENTO, O noso MODELO DE SERVIZO POSTAL PÚBLICO

PORQUE É NECESARIO, PORQUE É POSIBLE: POR ESO MOBILIZÁMONOS!

https://www.ftspuso.es/el-secretario-general-de-la-ftsp-uso-en-radio-lider-polemica-amenazas-a-politicos-y-protocolos-de-seguridad-en-correos/

¿Qué intereses están detrás de las políticas sanitarias?

ESQUERDA UNIDA APOIA AS CONCENTRACIÓNS DE SOS SANIDADE PÚBLICA CONVOCADAS PARA ESTE MÉRCORES 21 DE ABRIL

Esquerda Unida anuncia a súa participación nas diferentes concentracións convocadas nas principais cidades e vilas galegas ás 20h do vindeiro mércores día 21 por SOS Sanidade Pública.

A Pandemia da COVID-19 viu a estresar aínda máis a un sistema sanitario público que acumulaba enormes carencias logo de doce anos de recortes de persoal e medios.

As listas de agarda foron incrementándose en atención hospitalaria debido ás paralizacións de probas e quirófanos motivadas polas sucesivas ondas da Pandemia. Sen embargo, nos meses de mellora nada se está a facer para facer fronte ao crecemento da agarda nas diferentes especialidades, obviando que a urxencia da COVID non significou que o resto de enfermidades agudas e crónicas de distintas gravidades desaparecesen.

Pero a peor parada logo dun ano de Pandemia é a atención primaria. A Xunta de Galicia aproveitou a situación sanitaria para implantar a teleasistencia indiscriminadamente, algo que está afectando gravemente á calidade da atención e dificultando ás persoas maiores ou con diversidade funcional acceder por vía telemática ás consultas.

Esquerda Unida defende que, salvo en casos específicos que poida valorar o profesional, as consultas por defecto deberan ser presenciais para poder ser escoitadas, observadas e exploradas en persoa.

Por outra parte, os orzamentos para este 2021 continúan a ser escasos e non permitirán recuperar a perda de persoal de máis dunha década, obviando así a Xunta as recomendacións das administracións europeas de investimento dos fondos COVID chegados da UE en materia de servizos públicos.

CONCENTRACIÓN POLA REPÚBLICA O 14 DE ABRIL ÁS 19:30 FAROLA DE URZÁIZ

 

Este mércores 14 de abril ás 19:30 a Asemblea Republicana de Vigo convoca unha concentración na Farola de Urzáiz contra a monarquía e pola República.

Despois de que a pandemia da COVID-19 impedira o pasado ano que a ARV convocaramos a manifestación, este ano, e 90 despois da chegada da República volvemos ás rúas de Vigo e convocamos unha concentración o 14 de abril.

A República foi un momento histórico no que, como indicaba a súa Constitución, traballadores e cidadáns de toda clase se dotaban dun dos textos constitucionais máis avanzados socialmente da súa época. Unha República que trouxo avances fundamentais para o conxunto da maioría social traballadora.

Todos e todas sabemos como acabou tralo Golpe de Estado Militar froito de intereses alleos aos da maioría social. Pois ben, 90 anos despois, os netos dos que acabaron coa República seguen gozando de total impunidade e os grandes poderes encabezados pola Coroa con Felipe VI e o seu pai, o Rei Emérito e presunto delincuente, continúan impoñendo políticas que só benefician á pequena minoría que eles mesmos representan.

Claro exemplo disto é o presunto trato de favor dado ao Rei Emérito Juan Carlos de Borbón por parte da Fiscal Xeral do Estado e do Director Xeral da Axencia Tributaria para que regularizase, con total impunidade, as súas débedas con Facenda. Tal escandalosa actuación, foi o que levou a ARV a interpoñer unha querela diante da Sala do Penal do Tribunal Supremo contra estas dúas importantísimas institucións do Estado por presunto delito de prevaricación administrativa e omisión de persecución dos delitos contra as persoas.

Contra a impunidade, contra a monarquía e por unha República do pobo, o vindeiro mércores 14 de abril convocámoste na Farola de Urzáiz (Vigo) ás 19:30.

ABAIXO A MONARQUÍA!
VIVA A REPUBLICA!

 

 

A %d blogueros les gusta esto: