COBRO ESTADIAS NOS HOSPITAIS

ESQUERDA UNIDA OPONSE O COBRE DAS ESTADÍAS NOS HOSPITAIS.
Esquerda Unida oponse o cobro das estadías dos pacientes nos hospitais. O pobo galego precisa dun presidente da xunta que, en vez mostrase aberto a “estudar” unha taxa dos gastos non sanitarios derivados da súa estancia nun hospital como poden ser comidas ou as duchas,impulse unha sanidade publica,universal e gratuíta.
Un hospital non é unha pensión e a hospitalización dun paciente e necesaria para a prestación dunha asistencia sanitaria.As persoas son hospitalizadas por que están enfermas, non para estar de vacacións, nin para aforrar o diñeiro da comida e a ducha que gastan na casa.
Estas declaracións, unidas as recentes medidas adoptadas pola xunta de Galiza como o bloqueo da tarxeta sanitaria ás persoas que levan 12 meses desempregadas ou a necesidade de levar máis de 6 meses empadroado en Galicia para ter acceso á asistencia sanitaria, evidencian as verdadeiras intencións antisociais do PP que toma o relevo do PSOE, para desmantelar o pouco que queda do estado do benestar. O pistoletazo de aceleración dérono hai uns meses co reformazo antidemocrático da constitución.

Esquerda Unida chama á mobilización sostida na defensa dunha sanidade pública e gratuíta, prestada sen excepcións con medios públicos, para o que é necesario a reforma da lei de saúde aprobada durante o bipartito.

Redondela, 9 de decembro de 2011

Secretaría de Saúde

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: