MULLERES SEMPRE XOVENES E BELAS, O VELO SIMBOLICO

Ler as noticias co as gafas de xénero permítenos detectar realidades que moitas veces pasan inadvertidas, escondidas baixo a escusa de que son realidades que pensamos alongadas de xénero permítenos detectar realidades que moitas veces pasan inadvertidas, escondidas baixo a escusa de que son realidades pensamos afastadas ou simplemente están disfrazadas de unha estética da moda que o xustifica todo. Hoxe podemos ler tres noticias na prensa , que claman unha chamada de auxilio ou unha alarma para o movemento feminista.
A primeira e mais desgarradora e a noticia da xove Afgana de 21 anos, violada por un familiar e a que condenaron a tres anos de prisión ( cabe recordar que solicitaban 12 anos por adúltera, xa que o seu violador está casado). A xove está coidando a súa filla ( froito da violación) en prisión. E agora danlle a elixir, se quere casarse co seu agresor ( ¿?) ou prefire seguir en prisión pola súa seguridade, xa que a súa posta en liberdade está ameazada por represalias dos seus familiares, os cales poden rechazala ou castigala ¿ Como e posible castigar a victima e que esa lei sexa vista como ” normal” ? Os dereitos humanos das mulleres seguen a ser vulnerados sistematicamente. Ea todo isto ¿Que están a facer os organismos internacionais para protexelas?
A segunda e non menos rechamante é que no noso pais, unha discoteca de Mallorca había pensado sortear unha operación de peitos ( e curioso, por outra parte , que nunca se sortee un aumento de pene) ¿ E que as mulleres seguimos a ser un “obxecto erótico digno de pulido e remodelado? e o que é mais grave ¿ Como se lle pode ocorrer realizar este tipo de sorteos? Unha cousa son os complexos de caca cal,unha os arranxe dentro da súa liberdade de elección ( Liberdade que sería discutible o estar envelenada polo culto a estética é fomentada por unha cultura de beleza artificial ea eterna xuventude) E outra o fomento da idea de ter unhas tetas mais duras e grandes fará que unha atope o príncipe azul que nos enxeñaron nos conto infantís ¿ Canta presión social temos que soportar as mulleres par fuxir do envellecemento?.
A terceira noticia e que aumentaron as operacións de labioplastia en Galicia , según os médicos o ” principal culpable desta hipertrofia” éo envellecemento, que provoca igual que na faciana e noutras zonas do corpo, o pouco atractivo descolgamento ¿Que nos esta pasando? ¿ Que nos están a vender as mulleres? ¿ Unha nova versión do velo?
SUSANA FRANCO DIZ, DA REDE PROVINCIAL PONTEVEDRA POLA IGUALDADE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: