8 MARZO 2021

NIN INVISIBLES NIN PRECARIAS. FEMINISTAS ANTICAPITALISTAS

Dende o pasado 8M a situación mundial mudou. A pandemia visibilizou o que o feminismo e o socialismo vimos dicindo dende hai moito tempo. Un novo modelo de sociedade xusta e sostible é necesaria.

Ante este capitalismo xerador de desigualdades, guerras, mortes e crises ecolóxicas, nós  construímos alternativas. Levamos un ano loitando de moitas maneiras, sostendo un día a día cheo de urxencias e incertezas. Seguimos a organizarnos telemáticamente, conectadas nos pobos e nos barrios, estivemos coas nosas veciñas na redes de apoio mutuo, nos desafiuzamentos, apoiando os servizos públicos, visibilizando as tarefas de coidados, loitando pola dignidade dos empregos feminizados e precarizados e contra a pérdida de dereitos de moitas de nós: as mulleres en Brasil conseguiron que se reabrisen hospitais para garantir o dereito ao aborto, en Chile seguen avanzando nun proceso constituínte, as campesiñas de India forman parte dunhas das mobilizacións máis grandes da historia e o exemplo das polacas dános forzas para seguir loitando contra o fascismo e a extrema dereita. Por todas elas e por nós, este 8 de Marzo saímos a conmemorar a nosa forza, as nosas loitas e as nosas alianzas. Porque a nova normalidade debe ser un mundo novo, onde a produción e a reprodución estean ao servizo das persoas e o planeta.

A pandemia mostrou que somos esenciais para soster a vida en hospitais, residencias e casas: coidadoras, limpadoras, enfermeiras e traballadoras domésticas estivemos en primeira liña contra o coronavirus, pero desenvolvendo o noso traballo dende a precariedade (o 44% das mulleres ocupadas non chegamos a cobrar o SMI). É o momento de reverter as reformas laborais e atallar a precariedade e a feminización da pobreza ante esta crise na que entramos.

Dende Esquerda Unida reivindicamos a universalización dos coidados desde a interdependencia, ecodependencia e corresponsabilidade cos homes, as empresas e o Estado. Non podemos permitir que os coidados continúen recaendo no traballo das mulleres, tanto o non remunerado como o remunerado pero precarizado e invisibilizado.

Desde EU apostamos por un Sistema Estatal de Coidados que poña a vida no centro e articule un cambio ecosocial, de modelo produtivo e de relación entre as persoas e co planeta. Polo que saudamos o Plan Corresponsable como primeiro paso dos moitos que debemos dar para pasar dun modelo de coidados low cost por un que garanta a dignidade para as que coidan e para as que son coidadas de maneira xusta e sostible.

Contra todas as crises agora e sempre, reivindicamos a xestión pública e común. Estamos convencidas que só dende unha visión integral que atenda as necesidades específicas de cada unha, poderemos dar unha resposta colectiva. Só desde a perspectiva feminista seremos capaces de abordar a reconstrución do tecido social,  económico e público a través de estratexias de redistribución da riqueza como pulo que garantan a xustiza social. Especialmente para as mulleres pensionistas. Reclamamos pensións dignas e garantidas para todas e medidas que revertan a fenda salarial e o chan pegañento que nos aboca ás mulleres ao limiar da pobreza. Este é un exemplo máis de por qué dende EU esiximos que se incorpore a perspectiva de xénero en todos os plans de reconstrución e que se avalíe o impacto de xénero para evitar que esta crise perpetúe a desigualdade das mulleres.

Dende Esquerda Unida reivindicamos que a nosa saúde non é unha mercadoría. No medio desta loita pola supervivencia, a industria farmaceútica duplica beneficios, 10 países mercadean co 75% das vacinas e 130 países non acceden a ningunha vacina. Esiximos unha xestión solidaria do acceso á vacinación, a eliminación das patentes e unha industria farmacéutica pública que
garanta a igualdade no acceso aos recursos e que cambie a lóxica do beneficio pola do coidado, que dé respostas globais e garanta a inmunización de toda a poboación mundial. Ante a forza do feminismo, vemos como a dereita e a extrema dereita pretenden criminalizar ao feminismo culpabilizándonos dos contaxios, á vez que negan a violencia de xénero e as  desigualdades que vivimos. Mentres nós seguimos avanzando. Cada 8 de marzo volvemos fortes e xuntas enchendo as rúas, como parte dese berro global internacionalista e en loita constante que nos fai avanzar como sociedade. Mostra diso é a loita por garantir os nosos dereitos sexuais e reprodutivos a nivel global.

Dende EU esiximos aborto libre, seguro, gratuíto e na Sanidade Pública para todas, educación afectivo sexual obrigatoria e para todas as etapas educativas e desde unha perspectiva feminista. A pandemia volveu a deixar de manifesto as situacións de desprotección, exposición ao contaxio e falta de dereitos das mulleres en situación de prostitución. Dende Esquerda Unida seguimos construíndo un camiño abolicionista da prostitución e transinclusivo á vez que nos reafirmamos en contra dos ventres de alugueiro e a mercantilización dos nosos corpos. Ante estas realidades, en EU expomos a urxencia dun plan integral contra o  tráfico de persoas e a prostitución que articule medidas, plans, alternativas e dereitos que garantan as vidas dignas de todas as mulleres explotadas sexualmente.

En Esquerda Unida traballamos por conformar unha fronte común, non temos dúbidas, o feminismo non é só a loita das mulleres, é un prisma que amplifica as nosas loitas, interpelando directamente ás realidades materiais de quen máis sofren e creando alianzas e estratexias para cambiar as desigualdades que vivimos día a día a clase traballadora.

Nin invisibles nin precarias. Feministas Anticapitalistas!

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfbhCaEp59DIFNNxyHaOU3BREVs7hGkJMMgMy5VSylIND9v2g/viewform

A LOMLOE A EXAME

 

 

DEROGACION XA!! DA LEI MORDAZA

Camarada Pablo, todo o apoio das mulleres e homes do PCG e EU. Por dicir a verdade es victima da Lei Mordaza.

Mentres o que queda de Estado Franquista segue facendo os seus negocios no palco do Bernabeu ( Don Corleone) . As súas ratas de cloaca (Villarejo e Inda) tapam os turbios negocios do regimen. E a nova aristocracia “colócase ” en electricas, construtoras, etc. Todos felices apoiando a Demomafia Borbonica.

Mentres seguimos loitando por un sistema socialista Esperamos que a IN-xustiza che sexa leve.

 

 

SOS PEQUENO COMERCIO

O pequeno comercio, que é o que mais e mellor emprego crea (PEME) Esta vendo como o que empezou por unha crise sanitaria, se esta convertendo na cronificación dun drama. Por culpa de que Xunta, Deputación ,Goberno do Estado esta xogando ao tacitismo político. Para iso inventáronse un engano circular. A xunta e os Concellos dan un diñeiro aos comerciantes. Que logo estes dan ao Estado. Para que logo o Estado llo da os concellos, para que o repartan aos comerciantes. Están a ver quen se pon a medalla e conseguir votos. Mentres tanto os autónomos seguen sen ingresos. Pero seguen pagando alugueiros e tributos a fin e mes.

Desde EU demandamos á señora Alcaldesa que se emancipe do clientelismo da Deputación. E póñase a traballar en axudas económicas para sectores mais vulnerables, e renegociar taxas municipais cos afectados.

http://www.costavales.com/blog/es/

https://www.tourinews.es/espana/plan-resiste-c-valenciana-desembolsara-380-millones-salvar-turismo_4463043_102.html

http://www.zamora.es/contenidos.aspx?id=32101

https://www.zaragoza.es/sede/portal/tramites-servicios/servicio/catalogo/289

https://www.ivoox.com/player_ej_64515701_4_1.html?c1=ff6600′>

 

FONDOS EUROPEOS PARA UNHA TRANSICIÓN ECOLÓXICA. SIN PEAXES DE SERVIZOS PUBLICOS

A VACINA CONTRA O DUMPING ENERXETICO, NACIONALIZACION!!!

O prezo da electricidade volve subir no día de hoxe (respecto a onte, aínda que a niveis máis baixos que o venres), o que incrementará a factura de moitos consumidores. É consecuencia dun mercado ineficiente deseñado pola UE e algunha cousa máis que neste texto vou tratar de explicar.

Uns 11 millóns de consumidores en “tarifa regulada” ( PVPC) verán un incremento na súa factura de xaneiro, a pesar de que son os máis beneficiados polos cambios regulatorios dos dous últimos anos, os cales supuxeron unha baixada de case un 40% (un 120€/ano de aforro). O prezo da electricidade varía cada día porque se determina mediante un sistema que traslada as oscilacións ao consumidor final. Esas oscilacións débense ás dinámicas de oferta e demanda mundiais, polo que un problema en Asia pode repercutir na nosa factura.

 

 

 

Este sistema denominado “ marxinalista” implica que as enerxéticas teñan “beneficios caídos do ceo” ( windfall profits) porque cobran toda a enerxía ofertada ao prezo máis caro da “carteira” ( pool). Algo parecido a vender tres produtos ao prezo do máis caro. Vémolo cunha analogía:

Imaxinemos que queremos vender un mesmo produto no mercado: un quilo de trigo. Para producir trigo necesitamos terra, man de obra e fertilizantes e máquinas, que varían dun sitio a outro e fan que o custo de producir tamén varíe.
Imaxinemos que un kg producímolo por 10€ nun campo moi fértil; outro kg noutro sitio custa outros 20€; e un kg máis outros 100€. O sistema implica que venderemos cada un deles a 100€ (o máis caro): pagariamos 300€ por 3kg de trigo cuxo custo conxunto é de 130€.
Agora, imaxinemos que en Xapón demandan moitos fertilizantes pola razón que sexa. Ao subir a súa demanda o prezo sobe tamén. Sobe o prezo do trigo máis caro, o que máis fertilizantes utiliza, a, por exemplo, 500€. Que pasaría baixo este sistema que estamos a analizar?
A resposta é que esa subida de prezo afectará a todo o mercado de trigo mundial, porque agora todo o trigo venderase a 500€, tamén o que custa 10 euros. Así se beneficiará aos produtores de trigo máis competitivos, mesmo aos que non utilizan fertilizantes.
Esta analoxía sérvenos porque é unha versión simplificada (entre outras cousas, o custo que se usa como referencia non é o custo individual senón o marxinal) do que sucede coa determinación dos prezos dos “produtos” enerxéticos: hidráulica, nuclear, carbón, etc. As reformas do Goberno buscan, seguindo coa analoxía, incentivar que se produza máis trigo a 10€. Así, quérese que nunca faga falta botar man do trigo de 100€ ou 500€ porque sexa suficiente co de 10€. É dicir, enerxía máis barata para o consumidor.

Por iso é polo que apostar polas renovables sexa a mellor maneira de reducir a dependencia exterior “enerxética” e illarnos da volatilidade dos prezos das materias primas nos mercados internaciones, reducindo o custo da factura para as familias traballadoras.

Pero á marxe desta dinámica, en España o sector enerxético está dominado por tres grandes empresas, que teñen un gran poder de mercado. A composición social xeneral destas empresas é tamén problemática: anos de conflitos de interese puxeron nome ao seu poder. Nos últimos anos o labor de vixilancia da CNMC saldouse con varias multas multimillonarias ás grandes empresas españolas por manipular o mercado, é dicir, por encarecer ilegalmente o prezo da electricidade. Para asegurarnos de que non existiu ningunha outra irregularidade, desde o Ministerio de Consumo solicitouse á CNMC que informe sobre o comportamento do mercado durante os últimos días ( https://www.eldiario.es/economia/gobierno-pide- cnmc-investigue-se-habido-irregularidades-mercado- electrico-subida-plena-onda- frio_1_6736646.html)

Unha empresa pública non controlaría o mercado nin é a panacea, pero con ela melloraría a marxe de acción pública e conseguiríase cambiar a estrutura de mercado. É tamén un instrumento útil que axudaría a baixar os prezos. Por iso moitos defendemos a súa existencia. A subida do prezo da luz empeora a situación de pobreza enerxética das familias máis vulnerables, polo que estamos #ante un severo problema social cuxa solución é prioridade deste Goberno e para a que estamos a traballar sen descanso.

O mercado enerxético herdado polo Goberno estaba mal deseñado e pensado para a era dos combustibles fósiles. Por iso realizáronse numerosas reformas para unha transición enerxética xusta, pero queda camiño por andar. Por diante temos un problema que é estrutural. Con todo, nos dous últimos anos as reformas lograron reducir o prezo do mercado da enerxía no mercado almacenista en torno ao 40%. O acordo de coalición establece unhas liñas e medidas de traballo que aspiran a resolver este problema dunha vez por todas.

 

Ademais, o goberno de coalición segue desenvolvendo reformas para o mercado enerxético que corrixan as anomalías. Entre elas está a fiscalidade das empresas enerxéticas e tamén novas formas para conseguir un sistema enerxético máis xusto e que protexa aos vulnerables.

En definitiva: o Goberno de Coalición está centrado en lograr reformas para baixar o prezo da electricidade e corrixir problemas estruturais que arrastramos desde hai décadas e que se agudizan pola crise ecolóxica provocada polo actual modelo de produción e consumo.

 

 

ANO 2021, O DEPROPOITO CONTINUA

No ano 2000, por inicitiva do PPdG o goberno de Aznar prorroga a concesión da AP-9 ata o ano 2048. A escusa, que esta prorroga permitiria abaratar as futuras peaxes. Isto nunca sucedeu. No ano 2011 dias antes das eleccións o ” ILUSTRE” Pepe Blanco aproba a ampliación da ponte de Rande. Permitindo á concesionaria incrementar un 1% durante 20 anos, para sufragar o custo de menciónada ampliación. A este 1% hai que sumar IPC e inpostos Europeos. Polo tanto a elimionación da peaxe para mai de un viaxe o día  vai ter que esperar. Desde Esquerda Unida nunca xustificaremos a eliminación da peaxe, se esta con leva a amortizción do tn reclamado posto de pediatria, medicos de primaria, mestres , copagos, etc..

A %d blogueros les gusta esto: