Esquerda Unida rexeita á creación de novas autovías en Galicia así como á ampliación da ponte de Rande e no seu lugar propón o investimento na mellora dos servizos públicos de transporte

Dende Esquerda Unida queremos manifestar a nosa oposición á construción de novas autovías tales como as proxectadas A-57 (Barro-Ponteareas), A-59 (Vilaboa-Peinador) así como á ampliación da AP-9 que supoñería a ampliación da Ponte de Rande. A creación destas infraestruturas sería unha nova agresión ambiental contra o noso territorio que ademais ocasionaría graves prexuízos sociais nas vilas afectadas e non solucionarían os problemas de transporte, pois o España é o estado europeo con mais km. de asfalto tanto en termos absolutos como en relación ao número de habitantes ou vehículos.
O transporte por estrada, que é o medio maioritario, xa que move o 80% dos pasaxeiros e o 90% das mercancías emite máis do 20% dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) causantes do cambio climático. Por iso, agora que xa é unha evidencia a gravidade do cambio climático imponse a necesidade de desenvolver unha nova mentalidade en materia de transporte. Neste sentido, a construción de novas autovías non soamente non contribúe a reducir as emisións de GEI, se non que promoven o seu incremento dado o coñecido efecto chamada. É dicir, a maior dispoñibilidade de vías de asfalto, maior número de desprazamentos.
Por todo isto, Esquerda Unida rexeita á creación de novas autovías en Galicia así como á ampliación da ponte de Rande e no seu lugar propón o investimento na mellora dos servizos públicos de transporte, como o tren de proximidade, pola súa demostrada eficiencia enerxética con respecto a outros medios de transporte, por exemplo catro veces máis eficiente que o transporte terrestre de mercadorías ou cinco que o trasporte por estrada de pasaxeiros. Por outra banda, tamén consideramos imprescindible a adopción de políticas territoriais encamiñadas a reducir a necesidade de desprazamentos da poboación, como o achegamento das administracións e servizos ás vilas.
Dende EU tamén queremos manifestar o noso rexeitamento á creación de novas vías de alta velocidade capacidade en Galicia, a esixencia da mellora dos servizos públicos de transporte, e o noso apoio ás reivindicacións das distintas plataformas que se están opoñendo á creación destas novas infraestruturas así como á loita da plataforma Salva o Tren en contra da desaparición de estacións de tren e do desmantelamento das vías agora en desuso.
Filed under: Manifestos,Noticias | Tagged: Autovía,Crises,Redondela,Salva o Tren,Transporte público,Tren | Leave a comment »