A EXECUTIVA LOCAL DE EU CONSIDERA QUE A XUNTA DE GALICIA COMETE UN GRAVE ERRO COS ORZAMENTOS DO 2012 AO REDUCIR OS INVESTIMENTOS MÁIS NECESARIOS PARA SAÍR DA CRISE: SANIDADE, EDUCACIÓN, TRABALLO E BENESTAR

ESQUERDA UNIDA LAMENTA A FALTA DE VISIÓN DA XUNTA QUE RECORTA AS PARTIDAS PARA PRESTACIÓNS SOCIAIS E ESQUECE A NECESIDADE DE REACTIVAR A ECONOMÍA PARA LOITAR CONTRA O DESEMPREGO

PARA EU ESTES ORZAMENTOS SUPOÑEN A CONSTATACIÓN DA INCAPACIDADE DA XUNTA DO PP PARA REACTIVAR A ECONOMÍA GALEGA E, ASÍ, LOITAR CONTRA O PARO E A DO POUCO INTERESE POLAS PRESTACIÓN SOCIAIS

A Xunta de Galicia ven de presentar os orzamentos para o 2012, uns orzamentos afastados das necesidades da sociedade galega e do tecido produtivo, é dicir afastados da realidade Galega.

A Executiva local de EU considera que a Xunta de Galicia comete un grave erro cos orzamentos do 2012 ao reducir os investimentos máis necesarios para saír da crise: sanidade, educación, traballo e benestar. A económica productiva galega atópase en grave retroceso e os recursos para prestacións sociais son claramente insuficientes como o demostra o feito que provocaron os recortes sociais aplicados pola Xunta de Galicia durante este ano. Diante desta situación a Xunta aplica nos orzamentos unha redución do 0,8% para as partidas das Consellerías correspondentes.

Xa que logo, Esquerda Unida lamenta a falta de visión da Xunta do PP que recorta as partidas para prestacións sociais e esquece a necesidade de reactivar a economía para loitar contra o desemprego.

Os orzamentos mostran a obstinación do PP en aplicar as mesmas políticas neoliberais que nos meteron na crise e a súa incapacidade para desenvolver políticas que nos permitan saír dela.

Para EU estes orzamentos supoñen a constatación da incapacidade da Xunta do PP para reactivar a economía galega e, así, loitar contra o paro e a do pouco interese polas prestación sociais.

Moción orzamentos

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: