IU leva o Congreso dos deputados o levantamento de vías en Chapela

Onte, día 14, o deputado de IU Gaspar Llamazares presentou unha pregunta ante a Mesa do Congreso unha batería de preguntas sobre o levantamento de vías en Chapela, en base ás propostas de diversos colectivos veciñais defensores
do ferrocarril de proximidade.

Partindo dunha iniciativa de Oscar Benavides Vila, cabeza de lista por EU para as vindeiras eleccións municipais, IU presentou ante a Mesa do Congreso unha serie de preguntas respecto ó irresponsable modelo de transporte que se está a configurar na comarca, con especial incidencia no concello de Redondela.

EU centra especialmente as súas preguntas no efecto invernadeiro e no inmediato descenso mundial da producción de petróleo coa conseguinte alza imparable dos precios; o que convertirá en algo obsoleto as autopistas e o propio AVE.

Óscar Benavides encabezará a candidatura de ESQUERDA UNIDA en Redondela

Óscar Benavides

Trátase dun traballador asalariado do ramo da limpeza, activo sindicalista, destacando pola súa implicación en diversas plataformas cívicas relacionadas coa sostibilidade ambiental. Ten participado en primeira liña na defensa do tren de proximidade contra o deseño elitista do AVE e contra a creación de máis autopistas, polo que é amplamente coñecido nestes sectores.

O consello político comarcal de Esquerda Unida aprobou onte a candidatura de Redondela para as municipais.

Repiten candidatura un 30% dos que xa foron vai catro anos, sendo os restantes de nova incorporación.

EU apúntase ó reforzamento da loita da clase obreira na autodefensa dos seus intereses. Fronte ó decantamento neoliberal dos demáis grupos da actual corporación, EU porá o acento no protagonismo veciñal e aspira a ser un instrumento útil para favorecer a mobilización imprescindible.

Gabinete de Prensa Secretaría de Comunicación Executiva Local de Esquerda Unida

Asamblea Local de Esquerda Unida

O martes, 16 de novembro, tivo lugar a primeira asemblea local de Esquerda Unida en Redondela que celebraba dende a disolución da agrupación; desta vez convocada  pola Executiva Comarcal.
Contouse coa presencia de X. Henrique González, membro da Executiva Nacional, Román Alonso, cordinador comarcal, e Roi Rodríguez. responsable de finanzas comarcal.
O longo da reunión puideron tratarse temas como  disolución da agrupación local, o proceso de Refundación e a preparación das municipais de 2.011.

Disolución temporal da Agrupación de Redondela

O Consello Político Nacional de Esquerda Unida acordou a disolución temporal da Agrupación Local de Redondela, para garantir os dereitos da afiliación e da ampla base social que nos apoia, podendo afrontar as eleccións municipais con plenas garantías de éxito.

A partires de agora  impulsarase unha campaña de afiliación, reafiliación  e traballo cos colectivos sociais, de acordo co proceso de Refundación que se está desenvolvendo a nivel federal e galego.

Transcorrido un prazo de tres meses poderá constituírse de novo esta Agrupación, salvando todas as garantías estatutarias.

Neste período transitorio, de acordo cos estatutos, as competencias do Consello Local serán asumidas polo Consello Comarcal.

Esta decisión adoptouse para facilitar a solución dalgúns  problemas que tiñan situado  nun entrabamento político e organizativo a esta agrupación.



Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
A %d blogueros les gusta esto: