IU leva o Congreso dos deputados o levantamento de vías en Chapela

Onte, día 14, o deputado de IU Gaspar Llamazares presentou unha pregunta ante a Mesa do Congreso unha batería de preguntas sobre o levantamento de vías en Chapela, en base ás propostas de diversos colectivos veciñais defensores
do ferrocarril de proximidade.

Partindo dunha iniciativa de Oscar Benavides Vila, cabeza de lista por EU para as vindeiras eleccións municipais, IU presentou ante a Mesa do Congreso unha serie de preguntas respecto ó irresponsable modelo de transporte que se está a configurar na comarca, con especial incidencia no concello de Redondela.

EU centra especialmente as súas preguntas no efecto invernadeiro e no inmediato descenso mundial da producción de petróleo coa conseguinte alza imparable dos precios; o que convertirá en algo obsoleto as autopistas e o propio AVE.

Esquerda Unida de Redondela presenta unha moción contra o levantamento das vías do tren da estación de Chapela

Oscar Benavides Vila, coordinador do GRUPO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA ven de presentar por rexistro no Concello de Redondela unha moción contra o levantamento das vías do tren da estación de Chapela.

A madrugada do pasado día 9 de marzo os operarios de ADIF levantaron as vías do tren da estación de chapela, incumprindo tanto ADIF como o Ministerio de Fomento, o acordo do parlamento Español que data do ano 2008, acordo que lembramos apoiaron os tres grupos maioritarios de este concello.

Dende o goberno municipal estase a confundir a cidadanía, dicindo que as vías de chapela son prescindibles utilizando como medida forza, para apostar por esta solución, a idea de crear unha senda verde.

Esquerda Unida somete ao pleno do concello de Redondela os seguintes acordos:

  • Paralizar a construción de “esta senda verde” por ser imprescindibles por motivos técnicos as vías de chapela.
  • Esixir o Ministerio de Fomento que cumpra o acordo do Congreso dos Deputados do ano 2008 e non desmantele nin unha vía mais.
  • Esixir a Xunta de Galicia que comecen os tramites para a licitación, adxudicación e construcción do cercanías Vigo-Redondela- Pontevedra.
  • Crear xunto coas organizacións sociais deste Concello un plan de mobilidade sostible que aposte, entre outras medidas, por un transporte público intermodal.

Esquerda Unida de Redondela presenta unha moción sobre a lei de augas

Esquerda Unida ven de presentar por rexistro no Concello de Redondelaunha moción contra a lei de auga, por considerala unha norma recadatoria e privatizadora dun ben público fundamental.

Na súa proposta EU propón en positivo que se priorice o consumo humano, dos animais e os usos agrarios; garantir que a planificación, a xestión e o suministro das augas sexa público, tendo en conta a súa función social; garantir que o suministro e a depuración deberán ser públicos pagándose só no caso de que se realice o servizo. O prezo non pode exceder o custe do servizo descontando as subvencións. A demais, o prezo a pagar polo servizo de sumistro e depuración debe estar en función da renda do usuario.

Esquerda Unida demanda que o Pleno da corporación inste á Xunta de Galicia a derrogar a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia

O eurodeputado, Willy Meyer, presentóu unha pregunta ante a comisión sobre a ampliación da AP-9

O pasado mércores 9 de febreiro o eurodeputado de IU Willy Meyer presentou unha pregunta ante a Comisión Europea sobre a posible ampliación da AP-9 no tramo Enlace de Cangas-Enlace de Teis.

A ampliación da AP-9 neste tramo implicará o desdobramento da Ponte de Rande e suporá a realización de obras no entorno da Enseada de San Simón, zona integrada na Rede Natura 2000 como Lugar de Interés Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

Ademáis a realización desta obra conta coa oposición de boa parte dos veciños de Chapela xa que aparte das novas molestias e expropiacións afectaría a algunhas infraestruturas públicas da vila como son o centro de saúde, o colexio público Alexandre Boveda, o instituto de enseñanza secundaria obligatoria e F.P., o pabillón deportivo, a iglesia parroquial, atrio, casa rectoral e cemiterio, o colegio público Iglesia, dous aparcadoiros parroquiais e fontes públicas.

España é o estado europeo con máis Km de asfalto tanto en relación a número de habitantes como a número de vehículos. Isto, sumado a que o transporte por carretera emite máis do 20% dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), causantes do Cambio Climático e a urxencia de adoptar medidas para frear estas emisións motiva que dende EU nos opoñamos á ampliación da AP-9. A solución aos problemas do transporte en Galicia non é o contínuo incremento de vías de asfalto, senon a mellora do transporte público, sobre todo o tren de cercanías, e unha política territorial que reduza a necesidade de desprazamentos achegando os servizos aos cidadáns.

As preguntas que Willy Meyer realizóu ante a Comisión Europea foron as seguintes:

1. Tendo en conta os danos sociais e ambientais que produciría a execución desta obra, ¿considera a Comisión Europea xustificable a súa realización en función da suposta mellora de la fluidez do transporte na zona?.

2. ¿Ten coñecimento a Comisión Europea da existencia dalgún Estudio de Impacto Ambiental favorable á execución desta obra?. No caso contrario, ¿pensa esixir a realización dese estudio?.

 

 

Lino C. Vila
Secretaría de Medio Ambiente
Executiva Nacional de Esquerda Unida

EU levará ó Parlamento Europeo o impacto ambiental da amplianción de Rande

A Asociación de Afectados pola Ampliación da Autoestrada AP-9 en Chapela mantivo o pasado xoves unha reunión co responsable da área de Medio Ambiente e Ecoloxía de Esquerda Unida, Lino C. Vila, para mostrarlle o estudo de impacto ambiental encargado polo colectivo veciñal que se presentou na Audiencia Nacional para o contencioso administrativo aberto contra o Ministerio de Medio Ambiente.

 

Ver noticia completa en:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/12/11/iu-llevara-parlamento-europeo-impacto-ambiental-ampliacion-rande/499387.html

A %d blogueros les gusta esto: