IU leva o Congreso dos deputados o levantamento de vías en Chapela

Onte, día 14, o deputado de IU Gaspar Llamazares presentou unha pregunta ante a Mesa do Congreso unha batería de preguntas sobre o levantamento de vías en Chapela, en base ás propostas de diversos colectivos veciñais defensores
do ferrocarril de proximidade.

Partindo dunha iniciativa de Oscar Benavides Vila, cabeza de lista por EU para as vindeiras eleccións municipais, IU presentou ante a Mesa do Congreso unha serie de preguntas respecto ó irresponsable modelo de transporte que se está a configurar na comarca, con especial incidencia no concello de Redondela.

EU centra especialmente as súas preguntas no efecto invernadeiro e no inmediato descenso mundial da producción de petróleo coa conseguinte alza imparable dos precios; o que convertirá en algo obsoleto as autopistas e o propio AVE.

Óscar Benavides encabezará a candidatura de ESQUERDA UNIDA en Redondela

Óscar Benavides

Trátase dun traballador asalariado do ramo da limpeza, activo sindicalista, destacando pola súa implicación en diversas plataformas cívicas relacionadas coa sostibilidade ambiental. Ten participado en primeira liña na defensa do tren de proximidade contra o deseño elitista do AVE e contra a creación de máis autopistas, polo que é amplamente coñecido nestes sectores.

O consello político comarcal de Esquerda Unida aprobou onte a candidatura de Redondela para as municipais.

Repiten candidatura un 30% dos que xa foron vai catro anos, sendo os restantes de nova incorporación.

EU apúntase ó reforzamento da loita da clase obreira na autodefensa dos seus intereses. Fronte ó decantamento neoliberal dos demáis grupos da actual corporación, EU porá o acento no protagonismo veciñal e aspira a ser un instrumento útil para favorecer a mobilización imprescindible.

Gabinete de Prensa Secretaría de Comunicación Executiva Local de Esquerda Unida

Esquerda Unida de Redondela presenta unha moción contra o levantamento das vías do tren da estación de Chapela

Oscar Benavides Vila, coordinador do GRUPO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA ven de presentar por rexistro no Concello de Redondela unha moción contra o levantamento das vías do tren da estación de Chapela.

A madrugada do pasado día 9 de marzo os operarios de ADIF levantaron as vías do tren da estación de chapela, incumprindo tanto ADIF como o Ministerio de Fomento, o acordo do parlamento Español que data do ano 2008, acordo que lembramos apoiaron os tres grupos maioritarios de este concello.

Dende o goberno municipal estase a confundir a cidadanía, dicindo que as vías de chapela son prescindibles utilizando como medida forza, para apostar por esta solución, a idea de crear unha senda verde.

Esquerda Unida somete ao pleno do concello de Redondela os seguintes acordos:

  • Paralizar a construción de “esta senda verde” por ser imprescindibles por motivos técnicos as vías de chapela.
  • Esixir o Ministerio de Fomento que cumpra o acordo do Congreso dos Deputados do ano 2008 e non desmantele nin unha vía mais.
  • Esixir a Xunta de Galicia que comecen os tramites para a licitación, adxudicación e construcción do cercanías Vigo-Redondela- Pontevedra.
  • Crear xunto coas organizacións sociais deste Concello un plan de mobilidade sostible que aposte, entre outras medidas, por un transporte público intermodal.
A %d blogueros les gusta esto: